A Banda de Música comeza os ensaios en Xullo do 2013 baixo a dirección de D. José Manuel Vega Real, facendo o seu concerto de presentación o 15 de Decembro do 2013 na casa da Cultura de Allariz, cun cheo total, contando na actualidade cunha plantilla de 57 músicos.
A pesares de ser unha das formacións máis xoves da nosa comunidade, conta cun plantel de músicos excepcionales que se están formando na nosa escola, así coma nos diferentes Conservatorios da nosa provincia.
Na actualidade conta tamén cunha banda xuvenil canteira da banda titular, formada por 39 músicos e cunha banda de iniciación que se estreou o 5 de Maio do 2017, que conta con 29 músicos
Grazas a este compromiso por parte dos músicos, a partir do 2014 a Banda Unión Musical de Allariz pode xa levar o nome de Allariz polos diferentes pobos que a contratan. Así diste modo xa pudo actuar no Verán do 2015 en Genovés ( Valencia) e en Xullo do 2016 actua en Cadaujac , Tálence ( Francia) ,Eibar e Ermua, no 2017 actua en S. Miguel de Salinas y S. Isidro (Alicante).
No 2018 actua nas Islas Azores , e no I Festival de Cantanhede (Coimbra ) desenrolado durante o mes de Outubro.
No 2019 fomos invitados a participar no Festival de Cullar (Granada), así como en Castril (Granada)
Nestes 6 anos de vida da Banda a UNIÓN MUSICAL DE ALLARIZ estreou unha marcha dedicada a banda e pobo de Allariz titulada “Banda de ALLARIZ” sendo o seu compositor Manuel Augusto e recentemente estreamos a obra do compositor Alicantino Oscar Sempere Frances titulada “ Xan de Arzua” dedicada o 700 aniversario da festa do boi.
Actualmente a UNIÓN MUSICAL DE ALLARIZ está dirixida por Dº José Manuel Vega Real.